Haille que levar ovos ás Clarisas
13 Maio, 2008 por un alaricano frustrado
Hoxe oficialmente comeza a festa do Boi. A ver, non vos confundades que todavía non hai ningún boi solto polo Portelo adiante. O que comeza hoxe é o Foroboi e dicir, unha reunión de gafapastas sobre temas que lle interesan a etnólogos, historiadores e toda esa xente. Non me entendades mal, que a min esas cousas as veces ata me interesan, pero bueno, como di o refran castelá: “no esta hecha la miel para la boca del asno“.
O preocupante agora mesmo é o tempo que nos pode agardar para o chupinazo verdadeiro da festa, esto é, para o próximo sábado: a Proba do Boi, que desde as 7 da tarde xa vai ter a todo o pobo en vilo. Polo que parece ser o que di AEMET (é dicir, a axencia estatal de meteoroloxía) hai moitas probabilidades de choiva e seica incluso algo de fresco, as temperaturas non pasarían dos 20 grados as máximas e 7!! as mínimas. Mi madriña! Que conste que todo parece ser que cambia para a semana grande, quizáis sexa moito tempo para unha previsión máis acertada, pero Meteogalicia seica comenta que a partires do domingo todo comeza a cambiar para mellor. Agardemos.