Festa (dedicado ós Pogues)
7 Maio, 2008 por un alaricano frustrado
A falta de once días para a proba do boi (sábado 17 de Maio, casualidades da vida, día das Letras Galegas) aínda hai xente a procura de local. Bueno, sento ser ave de mal agoiro, pero ídevos olvidando. Con esto de que todos os baixos estan pillados para eso dos oulets e os poucos que quedan xa van sendo collidos de ano en ano, non hai nada. Tendes unha pequeniña opción, preguntade ó Concello non vaia a ser que haxa algo por ahí solto, inda que xa sabedes que a condición é basicamente que vos tedes que disfrazar para a procesión de Xan de Arzúa. É o que hai, remataron esos tempos aqueles nos que con tal de preguntar con algo de tempo había un sitio onde deixar as birras e os cachis. Agora nin hai e o que hai, caro (hai que ver como se aproveita a xente con esto da Festa).
A verdad é que a conta atrás do Boi esta traendo a miña cabeza moitos recordos en forma de música. Un deles e moi especial. Sempre que vou o Fran (xa sabedes, ó da inmensa bandeira da República no seu balcón) hai unha canción que me fai recordar o Boi, é a de Fiesta dos irlandeses Pogues. Contando ós días q que mellor que escoitar algo de música para pensar no que nos queda por diante: