- Xa temos local! A nosa peña xa dispon dun, xa apalabrado o ano pasado, pero asustábanos a sensación de que podía suceder o de outros anos atrás, é dicir, que todo faiara no último intre. O final o que conta é que temos baixo e polo tanto, espazo para nos durante as festas, cousa de agradecer. O do local é algo importante, as cousas como son, non so para cear, deixar cervexas e outras cousas, senon que os propios do pobo pensamos que é un feito diferencial coa xente que ven de fora. Algo que nos fai especiais. Tamén é certo que hai moita xente que pensa que son bares especiais abertos para sacer diñeiro sen ningún tipo de licenza, pero salvo algúns que non se enteraron ben do conto non deixan de ser algo así como puntos de reunión para a xuventude (e o que no é xuventude) do pobo.
- Hai unha cousa que me chamou a atención o último día vendo a web oficial da Festa. A cousa era que salía unha actividade relacionada cun grupo de percusión portugués o domingo 25 na Alameda ás 5 da tarde que non aparecía por ningún lado no folleto impreso. O sorprendente é que mirando hoxe mesmo o programa que aparece na páxina o concerto non está por ningún lado. Algo que faia, e mira por donde, non me sorprende.
- A hostelería do pobo séguese movendo para acadar unha festa máis aberta para diversas sensibilidades e distintos tipos de xente. Na Fabrica van facer unha especie de festival electrónico chamado Electric Boi o propio fin de semana grande con djs que proveñen de sitios tan dispares como Holanda ou As Palmas de Gran Canaria. Algo interesante e distinto pero que non sei que tipo de incidencia pode ter cando o Boi e máis unha festa de rúa que de espazos pechados. Ogallá lles salla ben, a innovación é cada vez máis importante para atraer máis xente a festa, visto que levamos unhos anos un pouco estancados a hora de facer cousas novas.
Algúns apuntes soltos
29 Abril, 2008 by un alaricano frustrado