Hai xa moito tempo desde que tiña ganas de comenzar unha relación algo máis crítica e persoal con esa festa que desde xa fai 25 anos ven sendo, cada principios de veráns/finais da primavera, algo do máis agardado do ano. O final, conseguin sairme coa miña, e atopei (logo de buscar moito) un anaco de tempo para falar desa semana de tolemia, festa, reencontro que supon o Boi.
Non pretendo facer unha crítica exhaustiva o acontecemento do ano en Allariz, senon una análisis persoal e intransferible sobor deses días tolos e únicos, cunha perspectiva nostálxica e de aproveitamento dun tempo que pode que nun futuro xa non este con nos. Facemonos maiores, desgraciadamente.
Dentro dun mes, será o gran día da proba do Boi. Comeza a conta atras. Aquí estarei eu para contaros como vai.
Antes de rematar, unha cousiña. Desde este mismo momento pido desculpas polo meu mal galego normativo. Estou facendo un gran esforzo (eu, castelan-falante) pra falar na miña lingua propia, que espero que teñades en conta.
NO BORRES MIS COMENTARIOS CROQUETA!